Nunha mañá de inverno, en que o frío non atopa refuxio no corpo e recórrreo palmo a palmo, de súpeto, unha caricia substitúeo...unha caricia, que de xeito diferente, tenta acceder a aqueles recunchos ós que o frío, pola súa natureza, descoñece.Esperto,e o meu carón el,cos ollos ben pechados e a súa man: a caricia. A suor invádenos e intres despois el tápame a boca,non estamos sós,namentres eu lembro aquela estrofa dun,para min,poeta:más adentro, hasta el más allá del todo por la sangre y por los huesos.