Volver a Vieiros

DO MANUAL DO PERFECTO PIRATA

Enviado por Garoa o día 07.03.2008

Cun engraxado canón pola banda de adiante e alento de lume a todo labio, non te penetro senón que te esfolo, miña gamela de peitos albos. Rebentasaias son chamado, pola fartura das miñas travesías, en todas as rías coñecidas, dende Chapela a Ortegal. O meu canón é o meu tesouro, o voso Deus Carnal, a vosa liberdade. Só respondo perante unha lei: a forza e o vento das marés brancas, invadindo as vosas furnas sedentas de mel. Abrídelle paso miñas señores, que este canón é a vosa patria, o voso Deus máis íntimo, o voso mar maior.

1,62/5 (13 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede