Volver a Vieiros

BOA VIAXE AO FONDO DO DESEXO

Enviado por Garoa o día 07.03.2008

El non o sabe pero xa está dentro. Primeiro foi a modo. Como un labio lento sobre o lume. Unha chamada de chuvia á porta dos ollos. Mais logo chegou o primeiro tremor na carne e el sentiu a quentura hipnótica das fontes. Só tiven que me acomodar mellor para devoralo con máis xeito. El, coitado, nin chegou a pensar que aquela vertixe de humidades e abrazos non tiña camiño de volta. Estará cos outros. No fondo do meu desexo insaciábel. Iso si, regra de ouro, cobrar por adiantado. Terei que me desfacer das súas cousas antes de que pase o seguinte.

2,5/5 (12 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede