Quitoume os pantalóns e as bragas e, agarrándome os xeonllos, abriume as pernas con firmeza. Non dixo nada, só me mirou aos ollos e deslizou a sua lingua ao longo desa raia, abríndome as portas do pracer. Tremor de pernas. Falta de osíxeno. O crocar das follas secas no meu lombo. Convulsión. Unha e outra vez. Agarreino polo pelo e empuxei a súa cabeza contra o meu corpo (non pares porfavor) ata que, por primeira vez, a miña gorxa quedou muda mentres unha bágoa me esvaraba pola meixela.