Volver a Vieiros

Desexo fotovoltaico

Enviado por Zara o día 07.03.2008

Invádeme a somnolencia, péchanseme os ollos e déixome ir. Inspiro o aire do mar, arrecende á frescura dunha tarde nubrada. Alcánzame a escuma e deixa algunhas pingueiras por riba miña. Decátome con ledicia de que veñen quentes, sinto como van debuxando o meu contorno, endurece a mamila co seu contacto, tremo … segue baixando, escorregando…, ata que desaparece evaporada polo calor que vai de súpeto e penso “por fin saíu o sol…” , abro os ollos e comprobo que o único sol que brilla é o desexo nos teus ollos…e queima!

1,44/5 (9 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede