Aquelo de “Faime túa!” era moi de peli porno, pensou. Tamén as posturas que estaba collendo e as caras que lle puña.
O do tanga tampouco fora boa idea, porque se lle metía pola regaña do cú, e tiráballe dos pelos todos.
Ergueuse e deixouno sentado, tal como estaba, sen se mover, na súa preguiza de home gordísimo, con camisola “imperio” e papada chea de baballa. Xa lle tiña dito que na parte de atrás do coche non cabían os dous. Estaba cansa, pero pensou que seguía a ter ganas, clítoris e dedos.