Aínda que ti non o souberas, eu sabía que estabas á espreita no teu cuarto. Turbado polo arrecendo que os teus peitos escoaban ata os meus lindeiros, eu tamén velaba doente a aquelas horas da noite. Por fin corrín a onde estabas deixando un regueiro de prendas íntimas espalladas polo corredor. Rebordante de caricias, penetrei espido no teu leito, outonei ata a extenuación no teu ventre húmido e descansei sobre a túa alma de muller ata que o son ponzoñento dun espertador malnacido despregou as nosas peles. Emprendín o retorno ao meu cuarto.