Volver a Vieiros

Bomp, bomp

Enviado por Granoman o día 04.03.2008

Ensoñacións de quebrados sobre unhas pernas de papo lívido e turxente envoltas en Marie Claire cor carne. Tac, tac, sobre a tarima albisco negra fondura e arremeten os latexos na entreperna. Os ollos nas nádegas dondas e os cóbados sobre a mesa. Retiro unha man baixo o pupitre para palpar a dimensión do... máximo común divisor. Bomp, bomp, as nenas abren a boca. Pousa o xiz e senta deixando ver unha coxa encarnada pola liga...e acaba o tempo do exercicio.-Anxo, meu rei, ¿resultado final? Aquí o está, escoando pola man.

2,44/5 (9 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede