Voume desmaiar cos teus dedos dentro. Contráiome. Contráiome de novo. Contraio o meu corpo contra ti e contraio a cona unha e outra vez. Sempre tiven a tensión baixa e agora aí abaixo hai demasiada tensión. Queimo, tócame, queimo e afogo co pracer mentres a suor nos dilúe e mestura. Non dis nada, dime algo. Vou morrer contigo dentro e non dis nada. Os berros colapsan aos veciños e con estes movementos vánseme romper as fibras.
Literalmente aumento en temperatura como en presión, literalmente, orgasmo.Afrouxo as pernas. Espértote.
- Follamos?