Volver a Vieiros

Ardente

Enviado por alhambradomaroto o día 29.02.2008

Ardente. Sempre que te lembro síntote así, asulagada no mollo aceso do fervor , rompendo o compás con ouveos xadeantes de desexo. Ulo ese arrecendo a zume que transpiras e máis o lambo, todo meu; todo ese teu sabor prohibido afumando o padal da memoria. Mírote cos ollos empalmados nun imaxinario deixarte facer e desfacerme mestres quedo na túa espera na hora da sesta, no sofá gastado, arroupado entre telenovelas e tedio.

2,06/5 (16 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede