Cabalgabamos coma un engranaxe lubricados polo alcohol e nós mesmos; as palabras, as xustas da primeira vez xuntos, e na mente, na mente o pensamento de que estaba a ser tremendo. Firmes, amarrados, movéndonos elásticos; espasmos estéticos dignos de ser eternizados. Agarrándonos do pelo, o cóbados detrás do brazos, sentíndonos tremendo como quen estoupa dende dentro. Firmes cabalbamos en dous metros cadrados, pel con pel, case facendo dano; un home libre e un home casado.