Volver a Vieiros

O CANDIDATO

Enviado por xaciabranca o día 27.02.2008

Ouvea, meu pequeno, ouvea. Óllate no telexornal todo lambido, tan de gravata e traxe de marca. Tan estirado, tan sorrinte, tan impoluto. Meu puto. Meu bruador. Gravei para ti o programa da mañá: “almorzo co candidato”. Para que vexas o ben que saes na tv coa muller e os dous cativos, cos croissants, café, torradas e bico de despedida. Que familia tan feliz, non si? Pero non te me zafes que quero que o meu zume che saia todo por fóra, todiño para dentro, meu rei. Tesme que facer caso, meu neno, son o teu asesor, oiches? meu osiño, meu candidato

2,5/5 (20 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede