Volver a Vieiros

se su fora deus

Enviado por ollomol o día 23.02.2008

Se eu fora deus, a esa moza laida que nunca se queixa de nada e traballa de sol a sol, ademais de coidar aun pai, víctima de Alzheimer profundo…, se eu fora deus, digo, nunca lle faltaría unha man de lume que fixera estremecer a súa epiderme virxe de caricias, nen tampouco uns beizos e unha lingua para espallar cóxegas e sorrisos polo seu corpo e, por suposto, un membro como cómpre que lle arrincara xemidos de pracer acompasados con rítmicas sacudidas dende o vórtice das súas coxas. Se eu fora deus.

1,9/5 (10 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede