Delatábaa aquel tremor da súa voz e aquela mirada escintilante. Tamén o perfume de Calvin Klein. Estábase namorando e subía ao carro onde eu a agardaba. Sentados no sofá do salón, todo fluíu fácil coa axuda daquel licor de mazá que tanto lle gostaba. Primeiro foron uns roces sutís de labios e logo dúas olladas rendidas. As mans actuaron con premura e caeron prendas para que as nosas nudeces, fortemente anoadas, rolaran furiosamente sobre a alfombra. Aquela cona namorada foi o bombón máis doce que endexamais puiden probar. Gracias, amor.