A esnaquizada fiestra daquela lonxana habitación batía sen parar contra a parede debuxando en cores vermellas o xélido asubio da noite.
Nin idea de como chegamos alí.
Na inmensidade daquela voráxine de movementos e sabas enrrugadas non cabía a palabra "control". Sentín os seus finos beizos esvarar polo meu pescozo. Púxome,recoñezoo, púxome moitísimo.
As súas pernas batían contra as miñas unha e outra vez.
De súpeto, unha lingua traizoeira colouse rañando as miñas nádegas núas. Un calafrío electrizou as miñas costas ...
- Déjà?