A lingua galega usouse para o sexo dende antigo, dende aquel Quantas sabedes amar amado/ treides comig'a lo mar levado/ e banhar-nos-emos nas ondas de Martín Códax. Por iso, para estimular a imaxinación (e algo máis) e impulsar o xénero do relato erótico, non sempre recoñecido, Vieiros, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o concurso Ferve a Rede de microrrelatos. Os textos deben ser curtos (un máximo de 550 caracteres) e o gañador ou gañadora levará unha viaxe de catro días a Venecia para dúas persoas.
Porque non se amou de verdade até que se amou en Venecia, disque, como fixo o Álvaro Cunqueiro na Vida e Fugas de Fanto Fantini: Heime lembrar de ti sempre. Heiche mandar desde Venecia un traxe de festa, que alá se fan con moitos encaixes, e sortellas, e dúas agullas con pérolas pra o pelo. E póidoche xurar que espertarei moitas veces moitas noites porque dúas bolboretas verdes acoden pra se pousaren no meu corazón...
Enviado por olivetti o día 23.02.2008
Enviado por susana o día 23.02.2008
Enviado por entrefisuras o día 23.02.2008
Enviado por nonsomosninguen o día 23.02.2008
Enviado por pincel o día 23.02.2008
Enviado por ollomol o día 23.02.2008
Enviado por danubioazul o día 23.02.2008
Enviado por ilmondo o día 22.02.2008
Enviado por bela o día 22.02.2008
Enviado por ariel o día 22.02.2008
Enviado por ollomol o día 22.02.2008
Enviado por selva_de_esmelle o día 21.02.2008
Enviado por Trueba o día 21.02.2008
Enviado por Trueba o día 21.02.2008
Enviado por bestarruza o día 21.02.2008
Enviado por bestarruza o día 21.02.2008
Enviado por Sazza o día 21.02.2008
Enviado por asnavesdapida o día 21.02.2008
Enviado por asnavesdapida o día 21.02.2008
Enviado por paporroibo o día 20.02.2008
Enviado por fervenza o día 20.02.2008
Enviado por ollomol o día 20.02.2008
Enviado por sarajess o día 20.02.2008
Enviado por tivita o día 20.02.2008
Enviado por veryhappy o día 20.02.2008