A lingua galega usouse para o sexo dende antigo, dende aquel Quantas sabedes amar amado/ treides comig'a lo mar levado/ e banhar-nos-emos nas ondas de Martín Códax. Por iso, para estimular a imaxinación (e algo máis) e impulsar o xénero do relato erótico, non sempre recoñecido, Vieiros, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o concurso Ferve a Rede de microrrelatos. Os textos deben ser curtos (un máximo de 550 caracteres) e o gañador ou gañadora levará unha viaxe de catro días a Venecia para dúas persoas.
Porque non se amou de verdade até que se amou en Venecia, disque, como fixo o Álvaro Cunqueiro na Vida e Fugas de Fanto Fantini: Heime lembrar de ti sempre. Heiche mandar desde Venecia un traxe de festa, que alá se fan con moitos encaixes, e sortellas, e dúas agullas con pérolas pra o pelo. E póidoche xurar que espertarei moitas veces moitas noites porque dúas bolboretas verdes acoden pra se pousaren no meu corazón...
Enviado por XenxinhO o día 12.02.2008
Enviado por XenxinhO o día 12.02.2008
Enviado por ilmondo o día 12.02.2008
Enviado por Anxo o día 12.02.2008
Enviado por sun-iou-miou o día 12.02.2008
Enviado por chegaliza o día 11.02.2008
Enviado por Nin_xoubas_Nin_Anais o día 11.02.2008
Enviado por Torreira o día 11.02.2008
Enviado por Torreira o día 11.02.2008
Enviado por Eunonsonpessoa o día 11.02.2008
Enviado por Torreira o día 11.02.2008
Enviado por breixoak o día 11.02.2008
Enviado por Carlangas o día 11.02.2008
Enviado por Brais o día 11.02.2008