Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
TripiGrelos (25)

TripiGrelos

por  The Bluesomes
Ref #25
Descargar 0 Votos 22 Fans  Enviar
En Galicia suceden tódolos días historias rocambolescas que rematan saíndo nos xornais, ante todo somos unha terra orixinal e con personalidade. TripiGrelos está baseada nunha desas historias e fala dun desliz químico duns grelos que se consideraban normais, o que vén a continuación xa non ten nada que ver coa realidade... ¡supoñemos!. Pola nosa parte intentamos darlle á canción ese punto festivo e singular que merece unha canción do verán, esperamos que vos guste.

A banda está composta por: Chesko, Bitoiro, Dubi e Suso.

Nota aclaratoria: The Bluesomes non nos facemos responsables do consumo desmedido de grelos pola xuventude galega nin da súa proliferación nos festivais deste verán.

Letras

TripiGrelos

Vaiche voa no concello da Laracha
dous vellos foron por grelos,
non se decataron de que
tiñan intoxicado o morteiro.

Inocentes, inconscientes... non puideron facer nada
pra evitar tal desjrasia que tiñan entre os dentes.

E alucinaron con aquelas berzas
que tiñan extracto de estramonio,
eran mais nocivas que as faloides
a as substancias que derivan do opio.

A punto estiveron de palmar
e decidiron patentar aquela fórmula especial.

¡TripiGrelos da Laracha!
¡TripiGrelos da Laracha!
¡TripiGrelos da Laracha!

E comezaron a vender aquel producto
que non se daba no invernadoiro;
cal foi a grata sorpresa que
estaba dentro da trama o noso Bitoiro.

E cando chegou a nacional
eles tiveron que escapar pra non ter que confesar.

¡TripiGrelos da Laracha!
¡TripiGrelos da Laracha!
¡TripiGrelos da Laracha!
¡TripiGrelos da Laracha!

 Comentario(s)

retranqueiro
retranqueiro - 27/06/2009 02:16

Pegadiza e divertida. Axústase ó que debe ser un canción do verán. O meu voto de mañá irá pra vos, que hoxe xa non podo

kaskada
kaskada - 27/06/2009 06:06

ta ben.... grelos, drogas, represión policial, lugares turísticos... ten todo para ser a canción do verán :D

Sunsury
Sunsury - 29/06/2009 12:41

Gracias polos comentarios e encantados de que vos guste! Saude!

nat
nat - 29/06/2009 08:18

dende que vos escoitei o outro día na radio galega... ando enganchada ós tripi grelos!

manolo__abuin
manolo__abuin - 30/06/2009 09:48

A máis orixinal e divertida. Aparte dunha boa gravación e está moi ben cantada. A mellor xunto coa Banda Potenkim

seica
seica - 09/07/2009 12:48

Así promocionmamos o rural, que está despoboando. Por culpa vosa atopei trpitoxos. É una carallada moi caxchonda.

ramaracing69
ramaracing69 - 09/07/2009 10:52

Eses Larachesés!!

CesardeCenti
CesardeCenti - 15/07/2009 04:23

Suerte!

Adrik
Adrik - 16/07/2009 02:11

e boisima aer cando un concerto por meira

voute_Fender
voute_Fender - 16/07/2009 11:14

Viva o blues, acústico, galego, experimental e protestón.

Sunsury
Sunsury - 17/07/2009 11:40

ea!

dylan_la
dylan_la - 18/07/2009 11:27

votados quedais!!!

Doval
Doval - 18/07/2009 02:30

Ola Suso, son Paris Joel, velai vai o meu voto para eses alucinóxenos Tripigrelos. A ver se tedes sorte, eu para o ano xa non repito. Unha apeta.

chesko
chesko - 21/07/2009 01:25

Gracias a todos por votar!!!

moitobon
moitobon - 21/07/2009 12:28

esess!! a ver cando un concerto e avisades pa ir toda a laracha polo menos. este ano hai boa cosecha de tripigrelos. tan pa chuparse as venas.

voute_Fender
voute_Fender - 23/07/2009 09:48

Que o blues vos acompañe! O sábado manifa en Compostela

Rufus_Spinal
Rufus_Spinal - 25/07/2009 08:57

Ahí vai o meu voto pra os Alvin Lee de Ferrolterra! Unha aperta yoguis

CAGACHELA
CAGACHELA - 26/07/2009 02:02

_______________

festiseco
festiseco - 27/07/2009 09:27

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRACANS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

chesko
chesko - 29/07/2009 01:20

... e se non tiveches abondo, contrata ós Bluesomes pra despedir unha noite de troula!!!

Sunsury
Sunsury - 04/08/2009 11:53

Xa quedan poucos tripigrelos na despensa aproveitade os ultimos! non se vaian pasar!