Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
O bañador (8)

O bañador

por  Paris Joel
Ref #8
Descargar 0 Votos 8 Fans  Enviar
Paris Joel volve a A polo ghit! cunha canción de tema moi propio do verán, que narra unha tarde idílica de praia até que aparece un ser mitolóxico temido por todo home casado... "A sogra". Nesta peza toca todos os instrumentos e con ela "tamén quero facer unha pequena homenaxe a uns vellos rockeiros que a min alomenos aportáronme moito: os Rolling Stones".

Cantautor de Sada (A Coruña), obreiro da música que coa sua guitarra de pau e unha frauta de cadea cen conseguiu chamar a atención da Fundación Autor desde a cidade Autónoma de Melilla conseguindo un posto de semifinalista nese afamado Certame. Accesit tamén no concurso de maquetas de Cuac FM coa súa canción "De tu blog" no apartado de mellor canción da Coruña e comarca. E finalista do Certame "Coruña Son 08" do Concello da Coruña, sendo especialmente nomeado no ditame final por Santiago Auserón (líder de Radio Futura, Juan Perro, etc).

Letras

Estou sentado na beira
A carón dun flotador
Cunha birra fresca
Suxeita a un cordón.
Os pes pura manteiga
A remollo sen pudor
Cando vin esa aleta
Que me aterrou.

Será un submarino
Será un tiburón
Quizais algún golfiño
O un peixe vacilón.
Ó ver aquela besta
Sentin a maldición
Porque da miña sogra
Era o bañador.

Ai vai tremendo susto
Que me diches bela flor
Dixen ao disimulo
Non vaia haber cachetón.
Meu Deus tremendo apuro
Cando vinna sen rubor
Facer top less ó quitarse o bañador.

Será un submarino
Será un tiburón
Quizais algún golfiño
O un peixe vacilón.
Ó ver aquela besta
Sentin a maldición
Porque da miña sogra
Era o bañador.

 Comentario(s)

carlosbau
carlosbau - 07/06/2009 02:33

Moita sorte Paris!!! Unha aperta.

gonzalofraga
gonzalofraga - 08/06/2009 12:20

Animo, no te azurdes¡¡

CesardeCenti
CesardeCenti - 09/06/2009 10:34

Suerte Paris! como siempre incansable!abrazos

Sunsury
Sunsury - 09/06/2009 06:25

A por eles paris!

- 15/06/2009 03:47

Boas Joel, son Lolo Arincón, teño que escribiche dende esta dirección xa que dende o usuario loloarincon estos de vieiros non me deixan poñer comentarios, mira ti hasta que punto chega o mamoneo deste concurso. O meu myspace é myspace/loloarincon e tamén si che apetece vota un ollo a web dos Semos en www.semospeligrosos.com, escríbeme o mail xonixrecords@gmail.com, xa que teño uns colegas en Sada e dentro de pouco irei por ahi e tomaremos unhas cervexas a conta dos da radio gaita. Encantado de que o meu tema che guste, inda que só está feito para este pseudoconcurso e ter unha punta de lanza para poder intentar, dentro das nosas poucas posibilidades, de rematar co mamoneo que fan os kacikes no poder ca música da Galiza e aproveitarse dos músicos que intentan facer algo decente sin ser do partido. Músicos da Galiza, todos a unha: ¡¡¡REMATEMOS COA POLITIKA NA MÚSICA DA GALIZA!!! Vémonos nos bares

loloarincon
loloarincon - 18/06/2009 05:34

Boas a todos: Son Lolo Arincón e estou flipando a ostia con esta movida dos de vieiros e a radiogaita, acaban de cambiar a apariencia da web e poñen un comentarion no foro do meu tema como si fora escrito por min sobre algo das pelis frikis, que sepades que eu só escribin un comentario en todolos dias que levamos de concurso e foi o dia 13/06/09 as 02:09 agradecendo a Paris Joel o seu apoio as miñas declaracións no programa da radiogaita do apologhit do sábado 13-06-09 que él (como tamen dixo na entrevista anterior a min) comparte, e dicindo o que a maioria da xente xa sabe ou debería saber deste concurso, comentario que podedes ver no meu foro, intentei poñer antes algún mais pero estos de vieiros non me puxeron ningún deles, e creo que sei a razón, asi como hoxe fixeron cos comentarios que habia nos foros dos temas que ian entrando que borraronos todos. Felicitar a todo-los grupos do concurso, e en especial os alumetes xa que o voso tema e dos que mais me gustan, asi como o de labazada, e Paris Joel, que espero que si hai a churrascada prometida me inviten (poño eu as copas), tamen mandar un saúdo a xente de Banda Potemkin dende Bandeira onde sempre son ben recibidos , pero que non se maten entre os grupos (onde me incluio) nin a peña vaia criticando a uns contra os outros que non vale a pena, xa que todo esta decidido de anteman como xa se verá o final deste paripé concursil. Simplemente que a xente disfrute da música en galego, que escoite a grupos que asta agora non coñecía e que faga o que lle pete, que vote si quere, que non vote si non quere, pero que respete a todos, xa que mellor ou peor, todos estamos facendo algo que nos gusta ca única intención de que alguén nos escoite. Un saúdo a todos, e vémonos nos bares.

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:11

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRACANS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

ptovar
ptovar - 06/08/2009 02:33

Eres o millor.

- 11/08/2009 05:50

BANDEIROCK 2009: * TUNGSTENO - HARD ROCK KOMPOSTELA * SEMOS PELIGROSOS - GOSPEL SATANIKO - SIUDAD DEL VATIKANO * MORE, JOTAH AND IZKI - HIP-HOP KOMPOSTELA * RUMBA QUE TE FIXO - GHALICIAN RUMBA - BANDEIRA D.F. * PITO DE PIKASSO - PUNK - ROCK KOMPOSTELA * KAMBOTES - PUNK - ROCK RODEIRO XOVES 20 DE AGOSTO AS 22:00 BANDEIRA - SILLEDA - PONTEVEDRA ENTRADA DE BALDE, TADES TODOS CONVIDADOS