Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Balakandra

Que perigo ten (57)

Que perigo ten (57) O grupo de San Sadurniño Balakandra compuxo este tema a principios de ano e, sen dárense conta, compuxeron un auténtico "ghit" do verán... un tema moi de moda (por desgraza) como e o medio ambiente, neste caso tratando a problemática xurdida polo asentamento dunha regasificadora no interior da ría de Ferrol. Todo isto aderezado con ritmos funky e sons cubanos filtrados polo son caracteristico de Balakandra, e temos un auténtico himno do verán... Que perigo ten!!!

ESTABA MANOLIÑO SENTADO NUNHA PENA
TRATANDO DE COLLER UNHOS PEIXES PARA A CEA
BONITO ERA O DIA, O SOL QUENTABA MOITO
HABÍA VARIOS BARCOS DE PASEO POLA RIA

DE PRONTO DIVISOU, POLA BOCA DA RÍA
A PROA DUN BARCO, CHEGANDO A "CANELIÑAS"...
¡OU ISO PARECIA!

XUSTIÑO DIANTE DEL, CON SAUDE E CHULERIA
NADABAN UN XURELO E UNHA DUCIA DE SARDIÑAS
QUE ESTABAN A CANTAR, CON FORZA E ENERXIA
SOLITA ERA O XURELO E O CORO AS SARDIÑAS

O CANTO ERA MOVIDO, CON AIRE MOI CUBANO
QUEDOUSE MANOLIÑO SENTADIÑO, ESCOITANDO...
¡OU ISO PARECIA!

---------------------------------------------------------------------------------

UN BARCO VAI POLA RÍA
PARECE QUE VEN CARGADO
QUE LEVARÁ NAS BODEGAS
PURO GAS LICUADO

VAI CAMIÑO DE MUGARDOS
ISO APARECE NO RUMBO
ESPEREMOS QUE NON ROMPA
LEVARANOS D'ESTE MUNDO

OUTROS BARQUIÑOS PEQUENOS
POÑENSE DIANTE DA PROA
PERO OS DE COR VERDOSO
TRATAN DE BOTALOS FORA

QUEN ME DERA VER AS CONTAS
DOS QUE PROMOVERON ISTO
SON DE SOBRA COÑECIDOS
EN GALIZA HAI MOITO LISTO

OS NOSOS REPRESENTANTES
QUE SEMPRE ESTAN A FALAR
AGORA ESTAN CALADIÑOS
CULPABLES SON D'ESTE MAL

E AGORA CANTADE TODOS
PARA REMATAR O CANTAR
FORA, FORA, REGANOSA
OUTRO SITIO HAI QUE BUSCAR

-----------------------------------------------------------

UN BARCO VEN POLA RIA
CARGHADIÑO DE JAS
BOTADEO FORA! FORA! FORA! XA!

EXTERIOR PORT.... EXTERIOR PORT...


0 votos

26 Comentario(s)

trapos - 05/07/2008 01:48

trapos  Hello! Un saudo dos trapos sucios www.trapossucios.com

DoutorEsweider - 05/07/2008 04:08

DoutorEsweider  Sí señor!! Saúdos e parabéns!

Canosa - 06/07/2008 01:08

Canosa  Ai, Martinciño, cando sentarás a cachola. Pero mira que es revoltoso, vaiche dar Tojeiro cuns toxos. Que copien outros dese espírito. Arriba Balakandra e saúdos desde Limodre!

Damch - 06/07/2008 06:56

Damch  Que boa!!! Outro voto

TheCanhas - 07/07/2008 02:48

TheCanhas  UN saudo e un votazo polos nosos veciños de ensaio!!!

acdz - 07/07/2008 02:51

acdz  Voto sen duda para a familia da AcDZ!!!!

dubi - 07/07/2008 02:53

dubi  Faltaría máis que non apoiara eu a esta banda!!

paulovi - 07/07/2008 12:32

paulovi  Humor, protesta gasística e talento, pero que bos sodes cabróns. Un aturuxo por Balakandra!!!

lordcheiro - 07/07/2008 08:35

lordcheiro  Moi bos Balandraka!! Viva San Sadurniño!!

OSCARFONO - 08/07/2008 09:11

OSCARFONO  Si señores, non esperaba menos de Balakandra.

moluskus - 09/07/2008 12:17

moluskus  Caen-me ben estes tipos, sí senhor

Chousa - 09/07/2008 08:41

Chousa  Unha aperta dende terra adentro!!!

rousalia - 14/07/2008 10:16

rousalia  Un saúdo! A gañar Balakandra! Ahí vai un voto!

arradio - 15/07/2008 04:04

arradio  moi boa a cancion!!!...xD...si señor unha aperta dun veciño ahí vai o meu voto!!

Carballo - 15/07/2008 05:38

Carballo  A vosa canción é un novo sopro de solaridade, palabra esquecida polos políticos progresistas/nacionalistas. Moitas grazas dun afectado.

comitecidadan - 15/07/2008 08:51

comitecidadan  Animo Balakandra! ¡Planta de Gas fora da Ría!

Canariodopenedo - 15/07/2008 11:33

Canariodopenedo  Vémonos o día 23 en Mugardos. ¡¡Planta de gas fóra da Ría!!

lems - 16/07/2008 12:03

lems  veña ¡¡a todo gas, pero sin licuar, por favor.

mcendan - 16/07/2008 12:12

mcendan  Saúde e adiante desde a Bitácora do Nordés.

MANUELASUORA - 16/07/2008 01:25

MANUELASUORA  un abrazo Balakandra de MONCHO VARELA ou iso parecia

Tarelo - 16/07/2008 07:20

Tarelo  Ben a partir da segunda parte. Que perigo ten! Ou iso parece!

laura_lo - 17/07/2008 08:43

laura_lo  esta canción ñe boisima, ten que gañar. Animo.

Xurxaku - 20/07/2008 11:55

Xurxaku  Moi chula a canción. Manolo, noraboa polo que che toca, meu. Por certo, a ver se cunde o exemplo e fan máis cancións pra protestar contra esta cafrada de Reganosa. Agora nos queren meter unha pranta de biocombustibles tamén, mola. Agora que está demostrado que con eles aumenta a fame no mundo veñen estes espabilados a contribuir un pouco máis á morte dos esfameados.

orjais - 22/07/2008 12:50

orjais  Menos JAS e máis JAZZ, JASpalhada, JASiosa, jaspacho, etc. Contra Reganosa, Soberania Estética da Nação Galega. Força Balakandra. Orjais.

KBS - 30/07/2008 07:36

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 02:58

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott