Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Factoría

Migallas (27)

Migallas (27) Factoría é un novo proxecto musical que bota a andar a ritmo de bossa nova. Proposta que mestura a musicalidade da lingua galega co son do xénero brasileiro. Esta formación nace ns Ánxeles (Brión) a finais do ano 2007, integrado por: Silvia Cerneira Montes (Valga) á voz, coros e baixo eléctrico, Ramón Raíndo Redondo (Pobra do Caramiñal) á guitarra, e á batería e percusión brasileira Roque Cancocker (Río De Janeiro).

Vai, vai de vagar
vai procurar esa distancia
sei que tentaras fuxir de min
fica lonxe fica perto
fica errado fica certo
mais non poderás
no camiñar viran lembranzas
sei non poderás fuxir de min
fica triste fica ledo
fica mudo fica quedo

Vogar e vogar e caer ó mar
Nadar e nadar e logo afogar
Non tentes atopar
migallas tras de ti
amosándoche o camiño


0 votos

14 Comentario(s)

Tryllo - 16/06/2008 01:10

Tryllo  T-E-M-A-Z-O vai ter mais exito ca o chikichiki. Un mimo compositores.

chupadeskay - 16/06/2008 11:46

chupadeskay  M-O-L-A M-A-Z-O.

escaravello - 17/06/2008 04:35

escaravello  Silvia, tes unha voz moi fermosa. Parabéns para todos. Sorte.

sapoconchos - 19/06/2008 02:04

sapoconchos  cantas que te cagas!!

Mecra - 19/06/2008 02:59

Mecra  vaia voz, tia, mereces gañar este ano o concurso, e que se deixen de gañar os que non teñen idea da música túa nai estará orgullosa de ti animo e moita sorte

luscoefusco - 19/06/2008 05:18

luscoefusco  Gracias a todos os que me estades apoiando.Bicos e gracias de novo.Silvia

Franl - 20/06/2008 10:45

Franl  Pasen e vexan o video total, o novo nonplusultra... qän? qän? A disfrutar co DÚO ESTÚPIDO MASCALZONE... Agora duoblemente mascalzone... Accedan á seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=zQgyhUTkSVg ... e non olviden vitaminarse e supermineralizarse... lonxe da lonxa...

Franl - 20/06/2008 06:23

Franl  Noraboa. Elis Regina, María Betania, Toquiño, Caetano Veloso, Chico Buarque, Djavan e toda a pléiade carioca vos aplauden. E de seguro que fican mudos ante tanta beleza. Parabéns

calandracas - 24/06/2008 10:38

calandracas  Os meus parabéns para todos estes musicazos. un biquiño

Mecra - 27/06/2008 01:50

Mecra  Eih, de novo aqui, q lle pasa á xente? está negada a votar este ano ou q? espero q estén máis ó loro cas trampas q se fan coas votacións, porque se esta canción non gaña o concurso e que de novo hubo tongo, de novo? si, de novo? Votade colegas e votade ben, animo Silvia.

pombas - 03/07/2008 04:39

pombas  por fin votou a fan number guán de migallas!!!! non era sin tempiño. Con o sen o meu voto e os dos demais, esta é unha unha agasallo para os oidos dos seres vivos. Grazas factoria!!

colibri - 21/07/2008 10:54

colibri  mimá para votar aqui hai q faser un master macho, menos mal q unha é estudiada...ainda asía...traballiño q levei e todo iso porq a canción mereceo e os compositores tamen. Bicosss

KBS - 30/07/2008 08:00

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 03:08

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott