Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07

(01/08/2008) As once cancións do verán galego

Hai un par de días o público decidiu os seus seis finalistas. Agora era a quenda do xurado, e as cinco cancións que escolleu foron as seguintes: Chuliboy (Projecto Mourente), O reguetón de Maruxa (Joselito), Quero ver como te ris (Medomeda), Himno da crocha (Jabón Blue) e Vin en caiuco (Pulpiño Viascón).

Estas cinco cancións únense a Arroz, da Banda Potemkin; Licor café, de Skándalo GZ; Planeta 19, de Boy Elliott & The Plastic Bags; Punteirolo pola escuadra, de Trapos sucios; Os dous amigos, de Roger de Flor; e Quente, de Sínefres.

O xurado está formado por Tito Lesende (crítico musical), Xosé Manuel Pereiro (decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), Patricia Romero (presidenta do club de fans da orquestra Panorama) e Ramón Domínguez (dillei Zarpaelamor e blogueiro do colectivo La Nevera 61).

A partir das 13 horas deste sábado podedes comezar a votar por estas once cancións, cuxos contadores póñense dende este momento a cero. As votacións rematarán o 13 de agosto ás 0.00 horas e tres días despois, o sábado 16, o programa Extrarradio da Radio Galega e Vieiros darán a coñecer o nome do grupo ou solista gañador do A Polo Ghit deste ano.

64 Comentario(s)

pachangueira - 02/08/2008 12:35

pachangueira  que gañe o máis millor!!!!!!!

tonto - 02/08/2008 01:13

tonto  xenial, os mesmos de sempre ou pailanada, non sei que escoller...

xaba - 02/08/2008 01:13

xaba  sorte a todos e o meu voto para os trapos sucios!!!!! hoxe concerto!!!!

johnny_gestapo - 02/08/2008 02:40

johnny_gestapo  pero ejto que eh???

FRANDOMINGUEZ - 03/08/2008 10:09

FRANDOMINGUEZ  Medomeda, ten un ritmo pegadizo, un toque de humor e ademaís é moi festeira.

KBS - 03/08/2008 01:37

KBS  Xa podes ver o video clip Os dous amigos, de Roger de Roger de Flor en www.asmuxicas.com

okechetrabaoscollons - 03/08/2008 02:29

okechetrabaoscollons  markinhos drinkin, pulpinho viascon e o tipo dos heredeiros.. que raro!!!! vaia tongazo home..

oh_my_gz - 03/08/2008 04:42

oh_my_gz  peselle a quen lle pese o tongo pálpase no aire!! nn son de crear polémica pero por por favor.. algo de seriedade siquiera..

fedello - 03/08/2008 06:03

fedello  era visto... o caso é criticar... todos temos amigos e queremos que gañen os nosos...

doctortricornio - 03/08/2008 09:20

doctortricornio  Menudo tongazo jajajajaja......si o sei non perdo o tempo.

DoutorEsweider - 03/08/2008 09:20

DoutorEsweider  O caso que deixar fora a Estomballada (un auténtico himno, señores do xurado, recorran país e aprendan) ou a Cuchufellos (os mellores ventos de esta edición, outra vez inxustamente fóra da final) , para meter outra vez, inexplicablemente a Jabón Blue (por segundo ano señores!!!!!), ou a hackers informáticos... en fin A POLO GHIT 08 é unha tomadura de pelo. Vou votar a Skándalo-Gz, para que nos represente se lle caiga a cara de vergoña a Vierios e a todo o país. Amiguismo e trmapeo informático é o que descrebe este concurso. por certo, hai máis de tres temas na final con desafines graves e con malas mixturas de sonm. Vamos QUE NIN PUTA IDEA, e non só de música, senón de quen é quen na Galiza e de quen está a tocar en todos os festivais con auténtico éxito, e quen só sobrevive con apoios mediáticos máis que discutíbeis.

DoutorEsweider - 03/08/2008 09:27

DoutorEsweider  E coidao, que hai cousas na final de boa calidade como Roger de Fror (para mín a mellor), Medomedá, boy Elliot ou Banda Potemkim, pero o tema dos hackers informáticos e a INEPTITUDE declarada do xurado xa me acaba de poñer de mala óxtia: a cagar de campo!

Rousa - 03/08/2008 09:41

Rousa  Que pasa cos comentarios que non saen.???

DoutorEsweider - 03/08/2008 10:20

DoutorEsweider  Boeno, o dos ventos de cuchufellos con permiso dos kamaradas vendaval do rosal de potenkim e dos homes sen medo da banda txatarra. Por certo vou pillar a pancarta a ESTOMBALLAR-ME na porta da radio galega!!

nomediodomar - 03/08/2008 10:42

nomediodomar  totalmente de acordo con esweider... é unha mágoa que non haxa un xuri competente, e que se permitise o tongo das ip dinámicas... é lamentábel e moi triste á vez. Entendo que cada un teña os seus gostos pero penso que os grupos que pasaron non me parecen nin de lonxe os mellores, nin os que mellor soan, nin os que máis arriscaron, nin os máis simpáticos nin sequera os máis freaks ( eu quédome co reggaeton da maruxa, no pais dos choscos...). Gostariame saber cal foi a cualidade que primou nesta decisión... intuo que incluso poiso contar a lacra de este pais como sempre: o puto amiguismo... lamentábel!!! sorte aos finalistas e que gañe... o que teña maís colegas con ip dinámica... que chungo, que inxusto!!! :(

xabierblanco - 03/08/2008 10:56

xabierblanco  tongo

xabierblanco - 03/08/2008 10:57

xabierblanco  tongo

GustavoHarvey - 04/08/2008 01:29

GustavoHarvey  Isto é como os cus cada um tem o seu... este debate parece-se cada dia mais ao das convocatórias dos treinadores de selecçons nacionais, todos sabemos mais de futebol que ninguém.

Concordo no dos hackers informáticos e as ip dinámicas mas acho que tanto podemos desqualificar a um jurado como a outro.

Que ganhe @ melhor que só é um jogo... acho que aos ganhadores das ediçons passadas nom lhes mudou a vida por levar o primeiro prémio.

Take it easy!

okechetrabaoscollons - 04/08/2008 02:16

okechetrabaoscollons  se non fose un ex-heredeiro e fixera esa canción.. estaría na final? se non me chamara Pulpinho Viascon e fixera a do caiuco esa.. estaría na final? se non me chamara markinhos e fixera a de rirse estaría na final? ejem.. cancións que se repiten ano tras ano e artistas que repiten ano tras ano na final, quedando cancións mellores fóra.. isto cheira, e moito.. agora xa sei porque non se lle da publicidade ao asunto, para que os amigos da RG ganen e ninguén vexa o tongazo de todos os anos.. raro me parece que non meteran na final a Sacha na Horta..

moki - 04/08/2008 02:25

moki  totalmente dacordo con okechetraba.pena d xuices.

DoutorEsweider - 04/08/2008 03:24

DoutorEsweider  Evidentemente nunca chove a gusto de todos...pero tampouco que mexen por nós e digamos que chove!

DoutorEsweider - 04/08/2008 03:27

DoutorEsweider  E a estombalhar-se que estamos en verán!! ;)

kaskada - 04/08/2008 05:13

kaskada  ja ja ja o que máis me fastidia é que estou de acordo co sr. collóns, e sen que serva de precedente

kaskada - 04/08/2008 05:13

kaskada  ja ja ja o que máis me fastidia é que estou de acordo co sr. collóns, e sen que serva de precedente

msf - 04/08/2008 07:21

msf  Estou realmente decepcionada co A polo ghit 08. Coma min, moita xente non voltará a amosar interese por esta falta de dignidade e respecto cos músicos. Eu avergóñome de que joselito sexa candidato para representar o meu País na Laponia.

kaskada - 04/08/2008 10:49

kaskada  Canta inosensia...joselito é un candidato de recheo para facilita as cousas a outros...

fonso - 04/08/2008 11:10

fonso  DoutorEsweider , non tes nin puta idea, se os grupos que se presentan a este concurso tiveran pasta pra ter un bo son, non andarian molestandose en votar aqui todolos dias, o q esta claro e que e unha mistura de xente q esta comezando a ser coñocida e outra q xa leva tempo, pero non critiques o son ou os desafines, porq se tiveran moitos grupos unha boa posproduccion non estarian neste concurso, por certo tes algun grupo?, seguro q non, saudos a todos e q gañe o que mais votos teña

DoutorEsweider - 04/08/2008 11:46

DoutorEsweider  Tes razón, os desafines son o de menos, o importante son os votos. A estomballar-se tododiós!! :D

DoutorEsweider - 05/08/2008 12:04

DoutorEsweider  Ã‰ máis, fonsinho, agradezo a túa valentia en recoñecer abertamente que para gañar este concurso, a afinación e que se escoite algún instrumento ou voz no sei lugar (é un simple problema de potenciómetros) é totalmente secundário. Qué tipo de monotrema, que espécie de antropoide, cantas cascudas alegres serian capaz de negalo?

bRoCoLi - 05/08/2008 03:22

bRoCoLi  tedes boa jana oh...para o que é,ta todo de putamadre, ..e si non,..pois non,..os que se remachacan cos votos e andan ahi todo o día a votar,..joder, é porque teñen ganas de gañar, failles ilusión,...non é malo,..logo cada un ca súa conciencia. pero non andar a pejar ohhh!!! sorte pa todos.

boyelliott - 05/08/2008 02:13

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

mediadormoral - 06/08/2008 11:20

mediadormoral  Esto é un concurso... e estamos en Galiza ( que por moi galego que sexa, é o que é ) e máis concretamente no ámbito de Radio Galega... Non sei como podedes sorprendervos por ver na final aos grupos que estamos a ver, e dende logo pensar que algúns de vos poderiades estar na final... amiguismo, esa é a palabra, amiguismo e favores é o que reflicte todo isto. Tanto criticar outras situacións en outros ámbitos... pero ao final estea quen estea dirixindo axudará soamente a aqueles que sexan os seus amigos... sen máis.E unha realidade que a min non me gusta, pero comenzase a palpar de novo en éste país. Así que tocará intentalo de novo, noutro concurso, noutros ámbitos... quen sabe. Simplemente dicir que non vos desanimedes, pero que a vez deberiades ser conscientes dos concursos aos que ides e a xente coa que competides. O que me sorprende ver é que aqueles grupos que escribían tanto nos seus foros, ou nos foros xerais, xeralmente protestando, agora non din nada, estarán xa contentos? Unha aperta ( e por favor, eu só digo a miña opinión, non pretendo crear polémica nin insultar nin que me insultedes... simplemente opino, con tranquilidade, e intentando non facer dano )

DoutorEsweider - 06/08/2008 03:51

DoutorEsweider  Pois a xente que toca nos Tres Trebóns (grupo de X.S.) quedaron fóra da final, eso que habia abondas propostas (Fran Amil, A Banda Txatarra, Dúo Estúpido Mascalzone, T.V., Ulträqäns) agás Banda Potenkim que non entraron polos votos do xurado precisamente. Por outra banda, algúns deles son candidatos á peor canción do concurso en A POLA GHIÑA, no programa da RG ESTAMOS EN CRISE. Así podo asegurar, que o amiguismo non ven por aí, por se hai malos entendidos. E se así fora, PARA QUÉ QUEREMOS ENEMIGOS HABENDO AMIGOS ASÃ?!!!

DoutorEsweider - 06/08/2008 03:57

DoutorEsweider  Outra cousa é que os do xurado non teñan nen puta idea, e que o sistema de votos sexa un premio para os informáticos, pero o sistema de votos sempre o haberá porque crea expectación e incrementa o número de visitas de Vieiros. Eso sí, en Laponia hai que afinar!!!!!!!!

evusca - 08/08/2008 11:36

evusca  Alucino co mal rollo dalgúns foros (tamén con algún dos incrementos de votos dun día para outro, vaia). Aquí debe de haber quen se pensa que isto é como vender un millón de discos, ouh. Como dicía o presidente da república de Sitio Distinto, estamos en gherra pero hai que reflexionar.

molecula - 08/08/2008 12:01

molecula  eu tamén flipo, sobre todo porque se vé que hai xente que o único ó que se adica é a buscar mal rollo e meter cizaña... vive e deixa vivir!!!

unhaopinion - 08/08/2008 12:35

unhaopinion  penso q independientemente de como chegasen á final, q iso é o discutible, hai cancións malas pero tamén cancións moi boas. e dende logo boto algunha en falta, pero tamén, sen dúbida, deixaría algunhas das q están. polo tanto, cada un teremos as nosas preferencias pero negar a calidade de certas cancións non me parece xusto. se en definitiva é un lume creado pola organización q algún dos grupos se encarga de alimentar. pero insisto, non desmerecería á maioría dos q se presentaron pq tamén gusta ver tanta cor...ou sería mellor q non houbese grupos de tódolos estilos neste país?. non entendo tampouco o q pretende algún dos q comentan, senón é diversión egoista. quizais sexa ese o problema de sempre: non ser capaz de ver máis alá que a un mesmo, non pensar en colectivo, e non darse conta de q o ben para todos é o ben para un mesmo. tempo.

Malpaso - 08/08/2008 12:57

Malpaso  Bravo por ese opinion.

diegues - 08/08/2008 01:14

diegues  unha opinion, hai q seres mais sinceros, o mesmo q hai cancions boas tamen as hai malas de caraaaallo...

unhaopinion - 08/08/2008 03:10

unhaopinion  e logo eu q escribín, diegues?

splontch - 08/08/2008 04:12

splontch  as opinións son coma os cús. Cada persoa é propietaria dun. Pero a un xurado, non se lle convoca para emitir opinións, senón para emitir un ditame cualificado. Así, que o argumento de defender opinións está de máis. Por outra banda, facer trampas nos votos non é nen ser solidario, nen buscar a unidade nen farrapos de gaitas nunca mellor dito. Forereiros incenciarios sempre os haberá, esto é público e hai qye saber expoñerse as críticas, fundadas ou non. De non ser así, é mellor adicarse a outra cousa.

unhaopinion - 08/08/2008 07:10

unhaopinion  splontch, legalemente os xurado pode estar ou non cualificado porque sería nomeado por alguén. precisamente a min o q non me cadra é o premio en relación ao concurso e en relación ao xurado. penso q a responsabilidade última (que non única) é da organización do concurso, para ben ou para mal (non soamente neste concurso). pero, efectivamente, o xurado escollerá segundo o seu criterio (acertado ou non, repito). os grupos poden facer trampas cos votos porque o sistema así o permite, e os foreeiros podemos criticar de forma fundada ou non, porque niso consiste a liberdade. iso teñoo claro, é legal. pero eu falo de moralidade, non de legalidade. e evidentemente posuímos escalas diferentes de valores. penso q ti te podes divertir dende a túa comodidade coma se as túas opinións non contribuísen a avanzar ou retroceder á música (neste caso), e se fas unha crítica infundada, penso eu (opinión persoal segundo os meus valores) q contribúes para dar un pasiño cara atrás. evidentemente pódelo facer. pero comprende q a min me pareza unha actitude egoista. E que facer trampas cos votos me pareza unha forma triste de gañar, e incluso perxudicial para o propio grupo a longo prazo. en definitiva, que os exercicios de autocrítica son moi sanos, e q alá cada quen coas súas críticas e coas súas actuacións, e q cada un asuma o seu e recolla o q semente. eu prefiro que todos comamos a ter q deixar de comer para que o veciño non coma. e lembra, ante todo, que isto só é unha opinión máis.

unhaopinion - 08/08/2008 08:30

unhaopinion  tou pensando eu, que menuda biblia acabo de escribir, je,je,je,je,je.

kaskada - 08/08/2008 11:13

kaskada  non fumedes máis de 15 porros antes de escreber!!

kaskada - 08/08/2008 11:19

kaskada  agora que remata o concurso podemos facer o rankin de idiotas: punfsdefastel, radicalfruit, yolii, o señor collóns, maricahi...quen da máis?

maribel - 09/08/2008 09:53

maribel  Queridos amigos: Encarecidamente pídovos que fagades isto que vos solicito. Quero que recedes moito pola saúde de Nonito Pereira. E urxente. O pobre esta cada día mais doente da cachola. Esperemos que non sexa enfermidade dexenerativa. E aínda que que así fose, estou certo de que se rezades con fe como volo pido, entre todos poderemos curalo. Gracias. Moitas gracias.

okechetrabaoscollons - 10/08/2008 12:25

okechetrabaoscollons  ti si que es idiota.. pero para iso non temos que facer votacións, xa o demostras con cada comentario. hala, a mamar.

kaskada - 10/08/2008 06:21

kaskada  Sr. collón, en realidade non és tan idiota, só que che botaba de menos :D

trapos - 11/08/2008 03:49

trapos  Trapos sucios, 1º premio...campeóns do concurso rock da diputación da coruña!!!!!!!!!!!!!!

punksdepastel - 11/08/2008 03:55

punksdepastel  A esto é a o que refirome eu cando falo de modestia!Pero logo son outros os que din que estan en posesion da verdade.Veña home!Sodes o Rolling, que carallo,decide que si!

punksdepastel - 11/08/2008 03:59

punksdepastel  1ºpremio, CAMPIONS! Viva a modestia.

punksdepastel - 11/08/2008 04:36

punksdepastel  Se o superxurado lle queda algo de cabeciña supoño que elexira un grupo que non nos deixe en ridiculo en Laponia.De sabios é rectificar e ainda estan a tempo de arranxalo un pouco!

kaskada - 11/08/2008 10:42

kaskada  Coma sempre, señor punfsdefastel, teño que ir aos arquivos deste concurso para deixalo en pelotas totalmente, nunca superando o teu cinismo e ridiculez, para mostra dous comentarios sobre o que entendos por modestia: maldini - 31/07/2008 10:09 campeoneeeeesssss oeeeeoeeeeeoeeeeeeeeeee... Avante Potemkin!!!!!!!!!!!! e o outro:bendowendo - 31/07/2008 10:28 Chis pan pún, numeros un

canesu - 12/08/2008 12:40

canesu  kaskada, arrasas, como lle fixestes morder a lengua o pastel ese, menos mal que é un mundo de modesto jejeje

mara - 12/08/2008 12:50

mara  di que si, se quedaron 1º quedaron 1º por moita ou pouca modestia, o 1º premio non llo quita ninguén, o que podemos facer ahora é regalarlle un pastel para celebralo jajajaja

kaskada - 12/08/2008 03:10

kaskada  grcias canesu...eu podo non ser modesta, verdá? ;D

canesu - 12/08/2008 04:39

canesu  claro que si kaskada, calándolle a boca como lla calas a algúns destes que van de guays e non pasan de chachis a ti podeseche permitir que non seas modesta jajaja :)

okechetrabaoscollons - 12/08/2008 08:17

okechetrabaoscollons  kaskada, todos ou case todos os grupos chufaron de ganar, incluso hainos que xa están facendo bufandas para ir a Laponia.. o que está claro, é que moito te aburres, que debes pasar todo o día metido nos foros do apologhit..

pachangueira - 12/08/2008 09:19

pachangueira  os comentarios da xente non son responsabilidade dos grupos, a ver se aprendemos a diferenciar!!!

petarda - 12/08/2008 09:21

petarda  e mira ti quen vai falar de estar todo o día metido nos foros...

mediadormoral - 13/08/2008 10:20

mediadormoral  qué mágoa... este apartado do foro parecía algo máis serio ao comezo... e unha vez máis xa está cheo de acusacións e demáis...

cremita - 13/08/2008 02:47

cremita  xa, é unha pena, pero é que se vé que hai xente que se adica exclusivamente a iso... é inevitable.

okechetrabaoscollons - 13/08/2008 10:55

okechetrabaoscollons  eu 1 vez ao día, e ao mellor algún día 2 veces e non é todos os días, espabilado. se vos jode que vos critiquen, non vos presentedes, ninguén vos manda.. ou si?

Franl - 21/08/2008 01:44

Franl  Sábado, 23 de agosto: macrofesta no festival X Fin do camiño (Anchoa, Fisterra), con A Cruz de Abaixar, Fiandola, Os Veraneantes, Os Cuchufellos e Ulträqäns. Boa música para disfrutar do peche do verán. E o domingo, 24, en O Incio (Lugo) o Terra Brava, con A Turre´s Band, Os Tres Trebóns e Os Homes sen medo e Ulträqäns. Saúde, compañier@s e parabéns ós gañadores do Apologhit 2008.