Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07

(30/07/2008) Últimas horas para votar en A Polo Ghit!

Entramos na recta final para elixir os finalistas de A Polo Ghit 2008. O xoves 31 de xullo, ás doce do mediodía, quedarán pechadas as votacións na web. Xa falta moi pouco tempo e os temas máis destacados en número de votos teñen todas as papeletas para entraren na final.

Os cinco temas cun número máis alto de valoracións, xunto cos cinco que escolla o xurado, terán a posibilidade de se converteren nos representantes de Galiza no festival Liev Lavlut, en Luleå, na Laponia sueca.

O sábado 2 farase pública a lista final, e abrirase un novo período de votacións para elixir, tamén, que canción levará o premio do público.

8 Comentario(s)

persebesenil - 30/07/2008 03:48

persebesenil  ...faciame ilusión abrir o marcador...

KBS - 30/07/2008 07:21

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

kikeasheton - 31/07/2008 08:06

kikeasheton  http://www.myspace.com/sivaritasgoliardos

Toni - 31/07/2008 11:53

Toni  Pero farase una media dos votos e as semanas que os artistas estiveron no concurso ou escolleranse directamente os que teñan mais votos? O xusto seria facer unha media, se non as primeiras cancions en publicarse xogan con ventaxa sobre as ultimas, non vos parece? Creo que o mais loxico seria facer unha media: tantas semanas a tantos votos, fai unha media de tantos votos.

rula - 31/07/2008 12:28

rula  Pois sería o xusto, pero...

kikeasheton - 02/08/2008 10:45

kikeasheton   http://www.myspace.com/sivaritasgoliardos

boyelliott - 05/08/2008 02:14

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

Franl - 21/08/2008 01:45

Franl  Sábado, 23 de agosto: macrofesta no festival X Fin do camiño (Anchoa, Fisterra), con A Cruz de Abaixar, Fiandola, Os Veraneantes, Os Cuchufellos e Ulträqäns. Boa música para disfrutar do peche do verán. E o domingo, 24, en O Incio (Lugo) o Terra Brava, con A Turre´s Band, Os Tres Trebóns e Os Homes sen medo e Ulträqäns. Saúde, compañier@s e parabéns ós gañadores do Apologhit 2008.