Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07

(24/07/2008) E o xurado de A Polo Ghit 2008 é...

Damos a coñecer a composición do xurado de A Polo Ghit 2008, as catro persoas que terán sobre si a responsabilidade de decidir a metade dos dez temas finalistas e, despois, cal deles nos representará no festival Liev Lavlut en Luleå. Son:
  • Tito Lesende, crítico musical. Dirixe o programa "Música dispersa" en Radio Galega Música.
  • Xosé Manuel Pereiro, ademais de decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia foi compoñente do grupo Radio Océano, banda que puido representar a España no festival de Eurovisión de 1986.
  • Patricia Romero, presidenta do club de fans da orquestra Panorama.
  • Ramón Domínguez, dillei Zarpaelamor, é un dos blogueiros do colectivo La Nevera 61, picadiscos ocasional e organizador de festas eurovisivas.
Os outros cinco finalistas decidiranse pola votación do público que entre na web de A Polo Ghit ou participe telefonicamente nos programas da Radio Galega. O prazo remata xa a semana que vén, e o sábado 2 de agosto coñeceranse os dez temas finalistas.

27 Comentario(s)

splontch - 26/07/2008 01:43

splontch  POis xa pode traballar ben o xurado para elevar o nivel da final, poruqe o que hai ata agora dos votos do público, uf!

mourullo - 26/07/2008 02:46

mourullo  O xurado ben podería ir facer os coros do tema no festival.

murcielagos - 27/07/2008 03:00

murcielagos  estomballate é a viva imaxe da nosa naçón.

cristiii - 27/07/2008 03:10

cristiii  estomballate e o meyor retrato musical de galiza q vin desde ai moito tmpo!!

DoutorEsweider - 27/07/2008 06:12

DoutorEsweider  Boeno, ai vai a minha quiniela para a final: -

DoutorEsweider - 27/07/2008 06:14

DoutorEsweider  -Chamalle Xis -Medomedá -Trapalhada -Roger de Fror E por suposto Estomballada!! -Boy Elliot

DoutorEsweider - 27/07/2008 06:26

DoutorEsweider  E que Sacha na Horta xa ghanhou o ano pasado! ;)

bobo - 27/07/2008 08:19

bobo  aummmhhhh?!?

DoutorEsweider - 27/07/2008 08:38

DoutorEsweider  E os Cuchufellos tamén!!

Marina_de_Xinzo - 28/07/2008 10:43

Marina_de_Xinzo  A min ninguén me preguntou, claro, pero na miña quiniela irían The Bluesomes , Medomedá e Encuarentena. Estes saíron onte na radio e parecéronme moi divertidos.

Malpaso - 28/07/2008 02:19

Malpaso  A miña quiniela ; ): Malvela e Sérgio Tannus , Sacha na horta , Magín Blanco & Burgas Beat , Boy Elliott and the Plastic Bags e Roger de Flor.

pachangueira - 28/07/2008 06:36

pachangueira  medomedá e estomballada!!!

moluskus - 28/07/2008 10:19

moluskus  A miña quiniela en A POLO GHIT: Cuchufellos, Grupoh!, Duo Mascalzone, Capitán Furilo, Leo, Balakandra, Malvela e Gheada, en fin, en A POLO SPAM poden figurar os outros...

fuxe - 28/07/2008 11:02

fuxe  Si... en A POLO SPAM todos eses virtuosismos mediocres homenaxeadores dos seus mestres. A CREATIVIDADE e a FRESCURA galega ten que quedar finalista: Grupoh! e Leo marcan diferenzas entre outros. Ahí queda eso.

kikeasheton - 29/07/2008 11:30

kikeasheton   http://www.myspace.com/sivaritasgoliardos

maribel - 29/07/2008 12:28

maribel  Queridos amigos: Sería mais adecuado que puxésedes todos os datos das vosas cancións preferidas. Senón vai a ser moi traballoso atopalas para poder escoitalas. Por exemplo: Os dous amigos (33) Roger de flor. Deste xeito sábese que nos referimos a canción nº 33, e como están clasificadas por orde, e moi fácil atopala. So son un peón mais.

davidgsanpablo - 29/07/2008 02:03

davidgsanpablo  Patricia Romero, presidenta do club de fans da orquestra Panorama. Por favor credes que a presidenta do clube de fans dunha orquestriña como moitas que hay está cualificada pra ser o xurado deste concurso... Enfin os enchufes son o que teñen

davidgsanpablo - 29/07/2008 02:42

davidgsanpablo  ¿Que ten o carallo da orquestra panorama que non teñan as demais?

KBS - 30/07/2008 07:21

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

top - 31/07/2008 10:26

top  A mellor cancion sen duda trapos sucios, e a campaña que fixeron de publicidade.... merecen gañar

top - 31/07/2008 10:29

top  pois a panorama é un orquestón!!!!!

antonte - 01/08/2008 01:12

antonte  Moita pachanga

pana - 01/08/2008 04:50

pana  os meus fvoritos os numeros 28,29,22,60.

pana - 01/08/2008 04:53

pana  e os super fav 8,44.

kikeasheton - 02/08/2008 10:46

kikeasheton   http://www.myspace.com/sivaritasgoliardos

boyelliott - 05/08/2008 02:14

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

Franl - 21/08/2008 01:45

Franl  Sábado, 23 de agosto: macrofesta no festival X Fin do camiño (Anchoa, Fisterra), con A Cruz de Abaixar, Fiandola, Os Veraneantes, Os Cuchufellos e Ulträqäns. Boa música para disfrutar do peche do verán. E o domingo, 24, en O Incio (Lugo) o Terra Brava, con A Turre´s Band, Os Tres Trebóns e Os Homes sen medo e Ulträqäns. Saúde, compañier@s e parabéns ós gañadores do Apologhit 2008.